Friday 19 de April de 2024

A orquestra Fania Blanco Show actuará a noite de San Xoán na praia de Bastiagueiro


Para amenizar a noite de San Xoán na praia de Bastiagueiro, o Concello contratou a orquestra Fania Blanco Show. Tocará desde a explanada do acceso á praia da rúa de Bastiagueiro desde as 22:30 horas, aproximadamente.

Para evitar a contaminación da praia, porase leña a disposición da veciñanza gratuitamente a partir das 20:00 horas. Policía Local, Garda Civil e o Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil realizarán un importante despregue para impedir a queima de elementos tales como palés, sofás e calquera tipo de obxecto que poida conter cravos. Tamén estará prohibida a introdución de botellas de cristal ou calquera elemento que conteña vidro.

Segue aberto o prazo para solicitar autorización para realizar unha fogueira, tanto nas praias coma noutros lugares. As normas e a solicitude pode descargarse na web municipal e deberá ser entregada cuberta e asinada no Rexistro da Casa do Concello ou da Sede electrónica ata o día 22.

SOLICITUDE E NORMAS BÁSICAS:
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=299358&folderId=124834&name=DLFE-34282.pdf